FEGACLASIC OS DIAS 16 E 17 DE MAIO EN PONTECESURES
Amigas e amigos de Pontecesures, afeccionados dos coches e motos clásicas e antigas, no nome da asociación que represento
e no meu propio, desexo darvos a benvida e agradecervos a vosa visita a nosa feira.
Dende a asociación cultural Mirándolle os Dentes, botamos a andar este proxecto –unha viaxe no tempo– con moito traballo,
esforzo e ilusión, e agardamos que durante estes dous días de Feira, esteades con nós e sintades esta mesma ilusión
que nós sentimos, porque para a nosa asociación xa formades parte de Fegaclasic.





